Marta Dacosta Alonso


poesía e outros textos

Ensaio

Relatos

Publicacións descargábeis:

#AutoAntoloxía2020

un poema

Hoxe estou en silencio xogando co pasado,
mentres vexo chegar andando a miña avó,
que aínda é tan pequena como eu a recordo
e segue alí no vello paseo Afonso XII.
Eran cen escaleiras as que nos separaban,
o mundo da cidade vencido de ruídos
e a praciña de pedra en que aínda hai un pozo
ou a casa pequena da indomable Manuela.
Recupero a memoria de Pepa silenciada
pola peste da gripe cando empezaba o século,
e o misterio da vida en garrafas de barro
e algodón por Gonzalo, que naceu a destempo.
Recupero a friaxe e o sal do mar na noite
e a chalana afogada na outra beira da ría,
á miña nai tirando carbón desde a bufarda
ou atada a unha silla de falar castellano.
E eu sinto que son hoxe tantas que entón me foron,
Saladina, Manueliña, Rosa ou tamén Pepa,
e a mesma Teresa que nos fala incansable
mentres o tempo vai rodando pola tarde.

Poesía

Labirinto ou memoria, A.C. O Caldeirón, 2018.

Na casa da avoa, 2017, Editorial Galaxia, Finalista da Gala do Libro galego ao mellor libro de poesía de 2017. Entre as mellores lecturas de 2017 para Fervenzas Literarias e Lecturafilia. Recomendado por Librotea,  Palabra de Gatsby, Criticalia.

Dun lago escuro, 2014, Edicións Xerais, finalista Premios da AELG ao mellor libro de poesía de 2015, Premio Ánxel Casal 2015 da AGE, un dos 10 mellores de 2014 para Fervenzas literarias. Recomendado pola Tábela dos libros.

Argola, 2013, O Figurante edicións

Acuática alma, 2011, Edicións Espiral Maior, Segundo mellor libro de poesía de 2011, segundo as lectoras e lectores de Fervenzas Literarias.

Cinsa, 2009, http://www.blogoteca.com/acuatica07/

As Amantes de Hamlet, 2003, Edicións Espiral Maior.

En atalaia alerta, 2000, Sociedade cultural Valle-Inclán.

Setembro, 1998, Editorial Galaxia.

Pel de ameixa, 1996, Deputación Provincial da Coruña

Crear o mar en Compostela, 1994, Deputación de Lugo. 2004, Concellería de Cultura de Compostela.


Sobre min

A parte dos libros publicados, a miña obra foi recollida nas antoloxías: Para saír do século, nova proposta poética, de Ed. Xerais, dEfecto 2000, de Letras de Cal, Novas Voces da Poesía Galega, do Consello da Cultura Galega, A poesía contemporánea a partir de 1975, antoloxía, da colección A Nosa Literatura, Ed. A Nosa Terra, 25 anos de poesía galega 1975-2000, da Biblioteca 120, La Voz de Galicia, Antología de Joven Poesía Gallega do portal de arte e cultura http://www.enfocarte.com, Veinte puntos de fuga, do Ministerio de Cultura de Venezuela, Compañeira tristeza, Centro de Estudos Galegos da Universidade de San Petersburgo, Poetes gallecs d’avui, Llibres del Segle ou Galician poetry, Metamorphoses 22, Massachussetts.

Publicacións colectivas, coleccións de poemas, estudos sobre a obra de Méndez Ferrín, Manuel María, Victoriano Taibo ou María Victoria Moreno irían vendo a luz durante este tempo.

Poemas meus foron recollidos nas pezas teatrais De abrente e ocasos de Teatro do Atlántico e Coa palabra na lingua de Teatro Nu.

Algúns poemas foron musicados por Miguel Alonso (“As amantes de Hamlet”), Carme Penim (“Balada das costureiras esquecidas”), Xardín desordenado (“Torrente feminino”), Xosé Carlos Seráns (“Apreixar o vento”) e Guillerme Ignacio.


Foto-poemas


Contacto: acuatica07@gmail.com


Crea tu página web en WordPress.com
Empieza ahora